IniciosociedadeDenuncian que o Sergas dá altas a pacientes "con síntomas" de Covid-19...

Denuncian que o Sergas dá altas a pacientes “con síntomas” de Covid-19 e sen facer PCR de control

A plataforma insta á Xunta a "facer público o protocolo" onde figura "a incorporación laboral sen confirmar a negatividade en coronavirus"

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denunciou este xoves o caso dunha paciente á que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) “négase a facerlle unha PCR de control antes de incorporarse á sua vida laboral a pesar de que sigue a manter algún dos síntomas de coronavirus“. O colectivo insta á Consellería de Sanidade a que “faga público o protocolo onde figura a incorporación laboral sen confirmar a negatividade en Covid-19“.

Segundo concretou a plataforma, “a doente contaxiouse no pasado mes de xuño e comezou a desenvolver síntomas da enfermidade. Trala primeira PCR foi dada de baixa e foi seguida polos servizos sanitarios da comunidade asturiana, por residir no límite entre comunidades. Cando pasou a ser controlada polo Sergas comezou ter problemas co seguimento epidemiolóxico, xa que tivo que ser ela mesma a que se puxo en contacto con ditos servizos para indicarles que ninguén seguía o seu caso”, indica o colectivo.

O colectivo relata que “a principios do mes de xullo, o Sergas pretendeu dala de alta tras pasar o período de confinamento, sen repetirlle a PCR de control e mantendo síntomas da enfermidade. Foi a insistencia da paciente e a súa responsabilidade , pois traballa en contacto con moitas persoas, e a denuncia nos medios de comunicación escritos e audiovisuais, os que finalmente conseguiron que se lle realizara a segunda proba de control, que foi positiva“, resume a plataforma.

“Pasado outro período de corentena, a muller solicitou de novo a realización dunha proba de control antes da súa incorporación laboral. A petición foi denegada polo Sergas, alegando que mudou o protocolo e pese a que a paciente segue a ter síntomas que desde o Sergas cualifican como residuais“, prosegue.

FACER AS PROBAS “É O MELLOR CHEQUE SANITARIO”

Deste xeito, a plataforma sanitaria da Mariña esixe “que se cumpran coas normas máis elementais de prevención epidemiolóxica e que se deixen de aforros miserentos, que o único que conseguirán é contribuir ao espallamento do virus. Demandamos desde este colectivo que se garanta a negatividade nas probas diagnósticas para Covid-19 antes da incorporación laboral das persoas contaxiadas , pois sabemos que “non todas as persoas tardan o mesmo tempo en negativizar e consideramos primordial protexer á poboación; isto é o mellor cheque sanitario co que poden agasallar”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...